Ola amigos, familias, compañeiros e visitantes da nosa blogue!
Despois das vacacións de verán xa estamos de volta na escola, e descubrimos que nestas vacacións houbo algúns cambios nela.
Xa non estamos na aula do ano pasado, agora atopámonos na aula amarela de 4 anos, a que, con axuda da nosa mascato a gata Lola, descubrimos xogando mediante pistas e adiviñas. Foi moi divertido coñecer e explorar o noso novo lugar de traballo!
Ademáis, ao visitar a biblioteca da escola coñecemos a dous novos habitantes, dous títeres que se transladaron desde moi lexano para a nosa biblioteca para facer novos amigos e facer trouladas.
Por último, gustaríanos decirvos que a gata Lola mandounos un obxecto da cousa que máis lle gustou do que fixo nas súas vacacións de verán, e que agora imos comezar a nosa primeira investigación para saber de que se trata a actividade coa que máis disfrutou Lola durante o verán.
Un saúdo, e non o esquezades,
de xogo a xogo e aprendo crecendo!